BUCHABADE

Acerca da Comunidade de Montes

O monte da veciñanza

O día 5 de decembro de 1980 declarábase a devolución, no Goberno Civil de Pontevedra do Monte Veciñal aos seus lexítimos propietarios dende tempos inmemoriais: A veciñanza de Buchabade.

Despois de anos de usurpación ao aveiro das leis franquistas, a veciñanza de toda Galicia recibía de volta o que sempre fora seu. Anos de liortas, de veciños empobrecidos expulsados dos pasteiros comunais, vixiados pola garda civil, nenas e nenos reclutados para repoboar o seu monte con especies forestais e perdendo donde pacer o seu gando, aquí en Buchabade coma en centos de parroquias de toda Galicia. Hai tantas historias desta época da posguerra coma veciños había en Buchabade.

Estado actual

Hoxe o monte é da veciñanza, mais aínda temos testemuñas da repoboación forzosa que se fixo do monte. Unhas decenas de sequoias, varias chamaecyparis, algúns piñeiros patula (de folla caída) e que saibamos un alerce (larix decidua). Tamén temos un problema moi gordo de invasión de acacias que, igual que os anteriores, proveñen das repoboacións dos anos 60.

No noso monte a día de hoxe temos unhas 70-80 hectáreas conveniadas con ENCE, a eucaliptos. Quedan outras 80 repartidas en diferentes usos: sobre 4 Ha en cesión de superficie a tres empresas, 1 Ha de carballo americano de 18 anos, unhas 8-10 Ha de rexenerado de piñeiro dus 16 anos e, o resto, nas zonas altas, son monte baixo, nas abas do Coto do Inferno e dos Mouros.

Ademáis, no monte tamén contamos con tres muíños restaurados.