BUCHABADE

Buchabade

Baixa para coñecernos

Como crear unha comunidade enerxética?

Las comunidades energéticas son, según los datos de la UE, cada vez más habituales. Los estados que cuentan con un mayor número de estas asociaciones basadas en el autoconsumo energético local son Alemania, Dinamarca y Países Bajos. En España, hay más de 40 comunidades proyectadas, según datos del Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía (IDAE). Según la proyección de un estudio de la asociación ecologista Amigos de la Tierra, solo con comunidades energéticas basadas en autoproducción se podría llegar a satisfacer para 2030 un 58% de la demanda eléctrica, si se pusieran en marcha ya.

[...] ¿qué son las comunidades energéticas? Se trata de grupos de personas que se constituyen legalmente para llevar a cabo un proyecto de energías limpias basado en la descentralización de la energía y con las personas como protagonistas de este cambio energético. Las comunidades energéticas se muestran como elementos clave para democratizar la energía y luchar contra la emergencia climática, pero también son un potente germen que favorece la creación de un fuerte sentimiento de pertenencia a una comunidad. “Lo importante no es llegar al punto y conseguir el hito, sino el camino que uno pasa a través de todas esas fases y las cuestiones que va sorteando, las relaciones que se van trabando, los aprendizajes que uno va adquiriendo”, cuenta Rosario Alcantarilla, de la cooperativa Comunidad Arroyo Alumbra.

Fonte: eldiario.es


A vila

Aquí vivimos unhas 250 persoas. No ano 2008 chegamos a 270 habitantes, a maioría somos xente con devanceiros neste lugar pero cada pouco vanse incorporando veciños novos dada a proximidade de Pontevedra (10 km) e o ben comunicados que estamos por estrada. Temos unhas 30 casas de antes do ano 1900, outras máis modernas, a gran maioría, son dos anos 60 aos 90, en total 108. Podes ampliar información aquí.

Dispomos dunha Casa Do Pobo, sede de tres comunidades diferenciadas pero comúns nas persoas que as formamos: Enerxía, Montes e Augas. Indo as pestanas correspondentes desta web podes ampliar a información sobre cada unha delas.

Aquí naceu a Banda de Gaitas e Baile ‘Os Coribantes de Buchabade’ no ano 2005, hoxe conta con 100 integrantes entre músicos e bailaríns. A súa difusión, tamaño e éxito fixeron que xa transcendera con moito este pequeno lugar.

As festas patronais son o dia de Santa Ana, o 26 de Xullo, coa procesión, as xentes todas regresadas, a verbena e animación na Taberna e no Bar da comisión. Repetimos festas en Agosto, o 16 de San Roque. Santa Ana tamén é o nome polo que se coñece o lugar enteiro. Pasou do Barrio do entorno da Capela e agora por extensión chamámoslle a todo o Pobo, uns son máis de Buchabade, outros de Santana, unha boa polémica para falar por falar un pouco.


No mapa

É moi recomendable un paseo polos camiños esquecidos pola zona de abaixo do lugar, son ben recoñecibles os socalcos de pedra, os muíños abandonados, os camiños coas rilladas dos carros, testemuñas dunha outra forma de habitar, dunha economía labrega que xa non é, pero inda habita na memoria das xentes e nas pegadas no territorio.

A capela adicada a Santa Ana, na estrada xeral é do ano 1892, rodeada dun ben coidado Adro e dun cruceiro.

A maiores, na arquitectura civil hai que destacar un Pazo no centro do pobo, brasonado e con capela. O Bar Santa Ana ofrece unhas boas tapas. Outros negocios son o Club Hípico Atlántico, unha farmacia, un serradoiro de granito e unha compra-venta de coches e lavado.


Actividades

III Concurso de fotografía hidrogeológica

III Concurso de fotografía hidrogeológica.

Xornada de traballo comunal

Cartel da xornada de traballo.

Asamblea Xeral

Asamblea Xeral

Asamblea C. de MONTES

Asamblea C. de MONTES

Asamblea C. de AUGAS

Asamblea C. de AUGAS